INCENDIO NA ALDEA DE TARRIO.-
Onte día 4 de agosto do 2006 o redor das 15 horas, producíuse un incendio na nosa aldea de Tarrio que obrigou a Consellería de Medio Rural a activar o nivel 1 de alerta. Supón a máxima categoría de risco, debido a proximidade das lapas os nosos fogares. A desolación e a impotencia era manifesta entre os veciños da aldea.
Persoal da Brigada contra-incendios, camión cisterna. Enriba o pavoroso incendio.
Traballaron na extinción, tres brigadas, tres motobombas, dous hidroavións e dous helicópteros. O fume ocasionado polo incendio obrigou o desaloxo preventivo dalgúns fogares. É o segundo incendio en Galicia, dende o comenzo da campaña o día 1 de xullo, no que se decretou o NIVEL 1. ¡¡Triste estatística para unha aldea na que a fermosura da paisaxe era evidente ata onte!!.
A Consellería do Medio Rural non ten dúbidas de que o incendio da nosa aldea de Tarrio foi intencionado. A responsabilidade e colaboración cidadán para a loita contra o lume ten que denunciar os incendiarios, hai que romper a ley do silencio e si alguén coñece algún indicio debe comunicálo as autoridades có fin de acabar cos terroristas ecolóxicos. O monte, ademáis de productor de materias primas renovables, aporta estabilidade ós ecosistemas, equilibrio ecolóxico evitando a destrucción do medio ambiente, xera actividade de lecer e mellora a calidade de vida. O beneficiado non é soamente o propietario do monte senón toda a poboación.
Helicópteros na aldea de Tarrio. As lapas devorando o noso ecosistema
A falla de responsabilidade duns criminais, que deberían ir a cadea polos delitos ecolóxicos, está a provocar na nosa terra a desertización e favorecendo o efecto invernadoiro. Unha praga que atenta contra unha das riquezas máis sólidas de Galicia e polo tanto contra a calidade de vida dos seus cidadáns. Decímoslles a estos antisociales que antes de prender o lume pensen nos animais: coellos, paxáros, reptiles, nas súas crías que morren polas lapas nos niños e nas covas, que escoiten os lamentos que saen das súas gorxas chamando os da súa especie que morreron queimados. Preguntámoslles que farían eles mesmos si os seus propios fillos morresen nesas lapas de lume infernal.
POSIBLES ALTERNATIVAS.-
Os dirixentes políticos teñen unha eiva fundamental que é a política centrada na eliminación do lume e esquecen a súa prevención. Semella que a Administración entende que os incendios forestais son un mal bíblico, algo que ten que vir como veñen as chuvias e as xiadas no inverno, polo que adoptan unha postura fatalista na problemática dos incendios forestais. Ise erro, ano tras ano, está deixando a nosa terra nunha problemática ou situación que sería convinte analizar seriamente entre os técnicos cualificados, concellos, comunidades de montes, e as asociacións veciñais. Nesta cuestión existe unha tremenda descoordinación entre tódalas entidades que poden formar equipos de loita contra o lume. Quizáis deberíase evaluar a posibilidade de crear os servicios de proximidade. No incendio dos montes da aldea de Tarrio, os veciños chamarón os poucos minutos do comenzo das lapas, advirtíuse da necesidade de atalla-lo lume antes de chegar a toxeira do noroeste da aldea, pois logo sería imposible. A descoordinación facilitou que o lume se espallase co perigo que supuxo pos veciños e para o persoal das brigadas contra-incendio. Por certo, temos que felicitar e expresarlles a nosa sinceira gratitude a estos esforzados loitadores, que moitas veces co risco da súa propia vida, lograron atallar o lume nos mesmos límites das vivendas. Tamén debemos facer patente, dende esta ventá aberta a sociedade, que alghúns veciños dende fai anos presentron varias denuncias de escombreiras nas zonas limítrofes a aldea no concello e ós guardas forestais de Medio ambiente da Xunta de Galicia. Non se prestou a debida atención e agora pedímoslles que pensen e valoren a sua ineficacia.
O desenrolo de traballos subvencionados é un método preventivo contra o lume coma un ordenamento axeitado, rozas, podas, crareos, -que por certo non se esixe a retirada da broza, o que provoca o seu abandono no monte, facilitando a laboura dos incendiarios-, repoboado con especies autóctonas que teñen ademáis un gran valor forestal, alternativa ante a creba do sistema agrario tradicional e a minusvaloración social do campo, etc.
Levamos anos facéndonos preguntas sobre quen e por que se queima o monte. A existencia de intereses especulativos, venganzas de todo tipo: laborais e tamén veciñais, nos que nunca se afondou na súa investigación policial nin persecución xudicial, camiña de boca en boca polos campos e corredoiras. Preséntanse os incendios como froito da acción de tolos ou labregos pouco escrupulosos, cando os verdadeiros provocadores e beneficiarios do lume seguen sen desenmascarar. Hai que significar tamén, como parte do problema, que na aldea de Tarrio e aldeas limítrofes levamos mais de 15 anos cá concentración dos montes e ó día de hoxe inda non deron os títulos de propiedade, dese xeito: ¿cál é a propiedade de cada veciño para poder limpa-la?.Só nos queda unha utópica esperanza, que os culpabeis, os terroristas do fogo, vaian a cadea e que nunca mais prenda o lume nos nosos montes. Si queremos que a utopía sexa realidade pedimos a colaboración de tódolos veciños.
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home